Galicia sede do XV Encontro Estatal de Telecentros

  • Galicia será a sede do XV Encontro Estatal de Telecentros, que se mañá 15 de marzo na Cidade da Cultura
  • A directora da Amtega, Mar Pereira, inaugurará a xornada que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”
  • Catro mesas de debate e un taller de design thinking conforman o guión do encontro, que terá un formato de workshop aberto e participativo
  • Galicia exporá as iniciativas desenvolvidas na Rede CeMIT, que está integrada na Rede estatal de telecentros
  • O evento difundirase en streaming e poderá seguirse en twitter co hashtag #15encuentro #telecentros

encontro_telecentrosA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará mañá martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”.

A iniciativa, organizada pola Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración co Amtega, ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital e potenciar a súa posición como recurso chave mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social Dixital.

No encontro participan máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, e innovadores, usuarios, e comunidades locais do ámbito local das aulas CeMIT. galega. A inscrición é de balde e poderá efectuarse a través do seguinte enlace da web da Rede CeMIT inscrición ao evento.

O evento retransmitirase por emisión por streaming en http://comunidaddetelecentros.net/directo/ e poderá seguirse en twitter co hashtag #15encuentro e #telecentros.

Programa
Durante a xornada, Ver programa e Ver díptico programa, celebraranse catro mesas de debate. Na primeira abordarase a a acreditación de competencias dixitais, expoñendo a experiencia galega do CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática),xunto co modelo andaluz de formación en competencias dixitais, Guadalinfo. Esta mesa pecharase coñecendo o papel e as iniciativas de Telecentre Europe sobre este tema e o seu posicionamento con respecto ao informe europeo DIGCOMP, o marco común para o desenvolvemento de competencias dixitais en Europa.

Na segunda das mesas analizarse o programa europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs, que quere reorientar a traxectoria formativa dos e as mozas cara ao ámbito TIC para dar resposta á demanda actual e futura e mellorar as súas oportunidades laborais. Nesta segunda mesa, a directora de Formación de Fundación Tecnoloxías da Información de AMETIC falará tamén sobre os “Os perfís profesionais da transformación dixital.”

A terceira das mesas debate abordará proxectos de innovación social dixital como CeMIT-innova, impulsada pola Amtega en 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital en 9 aulas da Rede CeMIT;O proxecto O cable amarelo, para a construción dun ecosistema innovador da rede de aulas da rexión de Murcia e a experiencia de deseño e implantación de living labs, promovida pola Rede de Espazos CyLDIGITAL de Castela e León.

O programa do encontro complétase co Taller práctico: “Transformando Ideas… para mellorar a nosa contorna local. DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros”, onde se verán os resultados dos pilotos que xa se executaron na I Edición CeMIT-Innova 2015

Unha vez máis o encontro das redes de telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que poderá seguirse en twitter cos hashtag #15Encuentro e #Telecentros, vía streaming streaming en e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de telecentros https://storify.com/comunidadtc na web da get online week.

Organizadores
Os impulsores deste XV Encontro no que colabora a Amtega son Asociación Comunidad de Redes de Telecentros e Telecentre Europe. A Asociación, constituída no ano 2008, é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a 12 institucións publicas de 10 Comunidades Autonómicas que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información, en España mediante a promoción do acceso da cidadanía ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

Telecentre Europe é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Bruxelas. Actualmente os membros da rede representan a máis de 50 organizacións membros en 32 países. Os membros e socios da rede teñen como obxectivo, mellorar a inclusión dixital europea e o sector da cultura dixital, integrando a todas as asociacións e redes non gobernamentais que traballan pola inclusión dixital na UE.

También te podría gustar...