Galicia rexistrou un total de 1.990 accidentes laborais no mes de setembro

xunta de galiciaO total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en setembro de 2014 aumentou un 2,26%. Neste mes rexistráronse 1.990 accidentes fronte aos 1.946 accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior.

Do total dos accidentes, 1.941 foron accidentes leves, 45 graves e 4 mortais.

O comportamento dos sectores non foi uniforme: diminuíron os accidentes na industria nun 2,19%, mantivéronse na pesca en 86 accidentes e aumentaron nos demais sectores. Os accidentes aumentaron na agricultura, nun 0,81%; nos servizos, nun 3,58%; e na construción, nun 8,82%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, aumentou un 1,45% en setembro deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, diminuíu a incidencia na industria nun 0,38%. Nos demais sectores os aumentos foron: na agricultura, nun 0,95%; nos servizos, nun 1,79%; na pesca, nun 3,11%; e, na construción, nun 9,58%.

Doutra banda, a sinistralidade laboral aumentou un 1,97% nos primeiros nove meses do ano, cun total de 16.648 accidentes laborais fronte aos 16.327 no mesmo período do ano 2013.

Agás en Pontevedra, este aumento dos accidentes laborais deuse en todas as provincias. Aumentaron os accidentes na Coruña, nunha porcentaxe do 4,07%; en Lugo, nun 5,80%; e en Ourense, nun 5,21%. Os accidentes diminuíron en Pontevedra nun 3,22%.

 

También te podría gustar...