Galicia realizou un total de 197 transplantes de medula ósea durante o ano 2014

SERGASO número de transplantes de proxenitores hematopoéticos (medula ósea) efectuados en Galicia no ano 2014 ascendeu a 197, o que constitúe o récord histórico nesta actividade asistencial no Servizo Galego de Saúde. Sinalar, así mesmo, que o número deste tipo de transplantes efectuados en pacientes adultos foi de 184, cunha idade media de 50 anos, mentres que os infantís foron 13, cunha idade media de 9 anos.

Os transplantes de medula realizados distribúense entre os distintos centros da rede do Servizo Galego de Saúde do seguinte xeito: 54 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; 52 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (13 dos cales foron en pacientes pediátricos); 50 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; 17 no Hospital Universitario Lucus Augusti; 14 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; e 10 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Sinalar, así mesmo, que o número de doazóns de medula ósea rexistradas en Galicia durante o pasado ano foi de 1.250, o que supuxo duplicar as cifras acadadas no ano 2013 (636). Cómpre sinalar, non obstante, que a taxa de doadores de medula ósea en Galicia sitúase por baixo da media de España, polo que o Sergas fai fincapé na necesidade de facerse doador. A tal efecto, o departamento que dirixe Rocío Mosquera e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Deste xeito, neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. A doazón tamén pode efectuarse chamando aos teléfonos gratuítos 900 100 828 ou 900 102 688.

También te podría gustar...