• Womex 16 fará que Galicia sexa este outono o epicentro internacional da música tradicional e de raíz
  • A Cidade Vella compostelá e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro arredor de 2.500 persoas de máis de 100 países, 300 músicos e preto de 200 xornalistas

 

O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria en funci—ns, Rom‡n Rodr’guez, participar‡ na presentaci—n do Womex 16.

O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria en funci—ns, Rom‡n Rodr’guez, participar‡ na presentaci—n do Womex 16.

 

O casco histórico de Santiago e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro a vixésima segunda edición de Womex. Arredor de 2.500 persoas de máis de 100 países, 300 músicos, entre eles os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, e preto de 200 xornalistas se achegarán a Galicia para participar no maior evento internacional da música de raíz. Así mesmo, a feira durante o día incluirá 290 stands con máis de 700 empresas, ademais de 22 conferencias e 95 relatores de 35 países en 50 sesións, entre outras actividades.

 

Opening e Womex Awards

O Opening é a sección de apertura do Womex que serve para lle dar a benvida aos profesionais que participarán no evento. Terá lugar o mércores 19 no Auditorio de Galicia, dirixido polo músico galego Pedro Pascual e reunindo a grupos da península ibérica como Kepa Junkera, María Arnal & Marcel Bagés e Carmen París, e aos galegos, o Cuarteto Caramuxo e Talabarte.

Womex concede anualmente os premios aos máis significados intérpretes das músicas do mundo. A ganadora desta edición é Calypso Rose, nacida en Tobago en 1940. Escribiu a súa primeira canción con 15 anos e desde entón foise convertido nunha das voces fundamentais da música das Antillas.

Estreas mundiais no Womex Film Nights

Womex Films Nights é o festival de documentais sobre música que este ano estreará o Womex en Santiago. As sesións celebraranse no Museo das Peregrinacións en tres sesións diarias, entre os días 20 e 22. Nove películas integran o cartel deste festival de documentais, con títulos que repasan a situación da música no mundo, especialmente en África e Asia. Dúas destas longametraxes serán estreadas mundialmente neste evento.

Música dos cinco continentes en aberto

Womex 16, ademais da feira profesional no recinto do Museo Centro Gaiás durante o día, abre ao público 45 concertos durante tres noites (xoves 20, venres 21, e sábado 22), en diferentes espazos da Cidade Vella: Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio Abanca e a Sala Capitol para as sesións DJ. Para eles seguen á venda os bonos a 55 euros, ademais das entradas individuais para os 18 concertos na Praza da Quintana, por 20 euros.