Galicia aplica desde o 1 de abril os criterios establecidos no Plan Nacional fronte á hepatite c aprobados para o Sistema Nacional de Saúde

SERGASO Servizo Galego de Saúde incorpora desde o primeiro momento da entrada en vigor do Plan Nacional contra a hepatite C, mañá mércores 1 de abril, os criterios de indicación e seguimento aprobados no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde na reunión do pasado día 26 de marzo.

Para iso, xa ten transmitido as instrucións correspondentes aos distintos hospitais, así como posto a disposición dos profesionais a plataforma web que servirá de ferramenta para o rexistro de pacientes, unha das liñas estratéxicas recollidas no Plan.

Así mesmo, mañá día 1 de abril comercialízanse os tres novos fármacos aprobados para o tratamento desta doenza, que estarán dispoñibles para a súa indicación directa por parte dos médicos correspondentes.

Deste xeito, Galicia mantén a garantía de tratamento a todos os pacientes que teñen esta doenza e que cumpren cos criterios establecidos polo Consello Interterritorial para o conxunto do Sistema Nacional de Saúde.

Pola súa parte, a subcomisión da hepatite C do Servizo Galego de Saúde deixa de ter unha función avaliadora e pasa a asumir tarefas de asesoramento e seguimento da implementación do Plan Nacional.