Deputación Ourense

 

Mañá vaise a celebrar ás 11:00h o Foro sobre Demografía no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” que reúne a expertos e representantes sociais e institucionais que abordarán a situación actual da problemática demográfica.

A apertura do foro contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polos relatores Carlos Ferrás, director do grupo de investigación GIS-T Idega, e Julio Pérez, científico do Consello Superior de Investigacións Científicas.