InordeTrala presentación de Ourense como capital española do turismo termal que se fixo hoxe mesmo as 12:00h no stand de Galicia en Fitur terá lugar a sinatura de dous convenios de colaboración.

O primerio e sobre trens turísticos de Galicia coa denominación de “Galicia a todo tren”, para promocionar entre os viaxeiros a riqueza natural, monumental, vitivinícola e enoturística de Galicia, destacando a provincia de Ourense, que conta con catro das cinco denominacións de orixe galegas.

O segundo denominado como “Viaxes termais” é un convenio de colaboración que ten como obxectivo promocionar o termalismo da provincia de Ourense coa oferta de viaxes en tren con traslado aos balnearios e programa de tratamentos nos balnearios da provincia de Ourense.

O acto da firma de ambos os dous convenios contará coa participación da ministra de Fomento, Ana Pastor; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente de Renfe, Pablo Vázquez.