Escola de Danza da Deputación de OurenseHoxe ás 20:30h, terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Danza da Deputación de Ourense. 

No Teatro Principal de Ourense terá lugar o tradicional Festival de Nadal da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense. Nesta actividade, que é o colofón do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso, os artistas interpretarán cantigas de nadal e executarán bailes tradicionais nun espectáculo dunha hora de duración.