Ferida unha muller que encaixou o coche contra unha casa abandonada en Cabanas

Unha muller resultou hoxe ferida despois de colidir o coche que conducía contra unha casa abandonada no termo coruñés de Cabanas.

O accidente ocorreu pouco despois das sete desta mañá no quilómetro 22,800 da estrada N-651, á altura de Cabanas, onde a muller saíu da vía co coche e posteriormente bateu contra unha casa.

Acudiron ao lugar do sinistro as Urxencias Médicas e efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Mugardos, que puideron comprobar que a casa contra a que colidiu a muller estaba abandonada e con risco de derrubamento.

Emerxencias solicitou a colaboración do persoal do servizo de mantemento de estradas, ademais da Garda Civil, a Policía Local e a Protección Civil de Cabanas.

EFE

También te podría gustar...