Exposición “Imaxes do Románico na Ribeira Sacra” en Quiroga

quiroga_concello_150_90O Concello de Quiroga,  na Sala de Exposicións, emprazada na  Casa de Cultura, acollerá  a partir do vindeiro  sábado e ao longo da primeira quincena de abril,  a exposición “Imaxes do Románico na Ribeira Sacra” de Jesús Fernández López, natural do Saviñao,   máis coñecido polo nome artístico de “Suso Talento”.

Esta é a segunda vez que o artista mostra a súa obra en Quiroga. Se na primeira ocasión fora a paisaxe da Ribeira Sacra, nesta ocasión o nexo común entre as obras expostas será o inmenso patrimonio histórico artístico  do  Románico na mesma zona da que o autor é bo coñecedor.

O acto de inauguración da exposición  terá lugar o vindeiro sábado, día 28 ás 18:00 na Sala de Exposicións podendo asistir todas as persoas que o desexen.

 

También te podría gustar...