Ethel Vázquez adianta que a Xunta iniciará en setembro os traballos para lograr que o transporte metropolitano en Ourense sexa unha realidade a mediados do vindeiro ano

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Xunta iniciará no mes de setembro os traballos para lograr que o Plan de Transporte Metropolitano en Ourense sexa unha realidade a mediados do vindeiro ano.

A conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, reuniuse hoxe con alcaldes dos oito municipios que conformarán nunha primeira fase a Área de Transporte Metropolitano de Ourense–Ourense, Coles, San Cibrao das Viñas, Punxín, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Toén e Amoeiro- para impulsar o Plan de Transporte Metropolitano.

Nesta xuntanza de traballo tamén estiveron presentes a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

Vázquez indicou que esta reunión ten como obxecto impulsar e avanzar nun proxecto que todos, tanto a Xunta de Galicia como as corporacións municipais, consideran prioritario. Na xuntanza cos alcaldes analizáronse os pasos a seguir e fixouse un posible cronograma para a implantación do Plan de Transporte Metropolitano en Ourense.

A titular de Infraestruturas explicou que a intención do Goberno galego é axilizar os trámites para dotar a cidade de Ourense e toda a súa área dun Plan de Transporte Metropolitano para que os cidadáns poidan desfrutar, canto antes, das vantaxes e dos descontos no transporte público dos que xa se benefician os habitantes das comarcas da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo.

Esta aposta polo transporte público mellorará a mobilidade dos veciños destes oito concellos, favorecendo un maior intercambio de viaxeiros, fundamentalmente coa cidade cabeceira, Ourense. Ademais, suporá o abaratamento do prezo do billete entre un 20 e un 50% para aquelas persoas que utilizan con frecuencia o transporte público; e reportaralle beneficios significativos aos usuarios, con aforros medios duns 600 euros ao ano.

O citado plan, ademais de fomentar un transporte público eficiente, que permite liberar espazo no centro da cidade, reduce a contaminación e contribúe a desconxestión e a unha maior fluidez nos tráficos.

Ethel Vázquez apuntou que con esta iniciativa desde a Xunta continúase avanzando un novo paso no obxectivo marcado de completar o mapa do transporte metropolitano nas sete cidades galegas. Deste xeito, os 8 concellos desta área e os seus 140.000 habitantes sumaranse a un Plan de Transporte Metropolitano do que xa se benefician 67 municipios galegos e preto de un millón e medio de cidadáns.

También te podría gustar...