MEU BEN

 

Este venres no Teatro ‘Meu ben’, tres xeracións de mulleres nun ano extraordinario.

A nova produción de Eme2 é un espectáculo que retrata a vida de tres mulleres dunha mesma familia, tres mulleres de clase media que viven un ano completamente extaordinario. Escrita pola irlandesa Elaine Murphy, dirixida por Álvaro Lavín e interpretada por Elina Luaces, Mercedes Castro e Rocío González.

Estreada en 2008 pola compañía Guna Nua rapidamente se converteu nun éxito. En 2009 foi galardoada co prestixioso premio Carol Tambor do Festival de Edimburgo sendo a primeira produción irlandesa en levar esta distinción. Desde aquela leva cativando ao público arredor do mundo con producións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York. Agora chega ao estado español da man de Eme2.

No Teatro Lauro Olmo este venres, 17 de outubro ás 21 horas. Entrada 5 euros.