10190770w

Nesta edición máis de oitenta establecementos dos municipios lucenses da Ribeira Sacra participan na sétima edición das xornadas gastronómicas ‘Estase Cocendo‘, que son organizadas pola asociación provincial de empresarios de hostelería e que comezan este fin de semán e prolongaranse ata o vindeiro día 6 de marzo.

Foron presentadas o pasado venres no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte.

Os locais que toman parte nesta iniciativa están repartidos polos municipios de Monforte, Bóveda, Chantada, Quiroga, O Saviñao, Taboada, Pantón, Sober e A Pobra do Brollón, e comprenden restaurantes, bares e cafeterías, pubs, hoteis, pensións e casas de turismo rural.