Escritores e ilustradores difunden a literatura galega na Feira do libro de Guadalaxara

Escritores e ilustradores difunden a literatura galega na Feira do libro de Guadalaxara co apoio da Consellería de Cultura e Educación

 

Escritores e ilustradores difunden a literatura galega na Feira do libro de Guadalaxara co apoio da Consellería de Cultura e Educación.

A literatura galega foi protagonista durante esta semana na Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara, na que o sector editorial galego participa ata o 7 de decembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Presentacións de libros, obradoiros de ilustración, unha mesa literaria e encontros con alumnado de diversos centros de ensino foron as principais actividades nas que participaron os escritores e ilustradores que representaron a Galicia na vixésimo oitava edición da feira: María Solar, Miguel Anxo Murado e Luís Pousa, David Pintor e Itziar Ezquieta.

Ademais, Galicia tamén está presente na feira cunha stand propio no pabillón internacional da FIL co obxectivo de dar a coñecer no mercado interncional as propostas do sector editorial galego. Galaxia, MC Sports, Xerais, Bululú, Alvarellos, Kalandraka, Nova Galicia Edicións, Urco Editora, Trifolium, Hugin e Munin, Ideas Propias, OQO editora, Triqueta Verde e Baía Edicións son algunhas das editoriais que están representadas no stand galego.

A FIL celébrase ata o 7 de decembro nun espazo de máis de 30.000 metros cadrados, no que 2.000 editoriais e institucións contan cun stand propio. Escritores, axentes, editores de máis de 40 países, libreiros, bibliotecarios, profesores, promotores de lectura e lectores participan na vixésimo oitava edición da feira, que ten a Arxentina como país convidado.