Entrevista a Félix García Yáñez, cabeza de lista de Riada Cidadá: ‘Imos cambiar a forma de facer política no Barco’

P: ¿É partidario da fusión de concellos?

R: Nos pensamos que todas as decisións transcendentais para a vida dos concellos deberán ser explicadas, debatidas e sometidas a referendum pola cidadanía. E a xente a que debe decidir. Cremos que podemos demostrar que se pode facer política priorizando o interese da xente fronte a intereses particulares, acabando coa corrupción e poñendo os dereitos da xente por diante. Temos a firme intención de cambiar a forma de facer política no Barco.

P: ¿Considera que oito anos é tempo suficiente para estar na alcaldía? R: Pensamos que é tempo de sobra para desenvolver calquera proxecto, e está plasmado en noso código ético.

Mitin F3  

Principais puntos do programa electoral de Riada Cidadá:
– Auditoría das contas do concello para suprimir gastos superfluos e potenciar as partidas en gasto social.
– Remunicipalización dos servizos xestionadas por empresas privadas (auga, ORA e lixo…) co fin de abatar os recibos ea supresión inmediata da nova taxa do auga ca saída do Consorcio de Augas de Valdeorras.
– Intensificar a democracia municipal facilitando a participación da cidadanía e a transparencia na toma de decisións.
– Potenciar as partidas dedicadas ao gasto social: creación dun Centro de Día municipal….
– Traballar para ampliar a oferta de estudos profesionais no Barco e así dar a xuventude unha formación axeitada para que poida atopar traballo sen ter que emigrar: módulos experimentais de comercio exterior, enoloxía, reparación de maquinaria industrial e hostalaría.
– Estender as bonificacións urbanísticas do casco vello do Barco á zona tradicional de Viloira para evitar a súa degradación.
– Dotación dun servizo ferroviario de proximidade: rápido, eficiente e barato. Potenciar a Estación de Autobuses para acoller novos destinos.
– Convocatoria dunha consulta popular sobre o aproveitamento das ribeiras do Sil ao seu paso pola vila con miras a convertelas en zonas de lecer cidadá.
– Recuperación da comisión veciñal nas festas patronais
– Instalación dunha rede wi-fi pública municipal.
– Creación dun museo e arquivo municipal mediante achegas veciñais.
– Descentralizar a biblioteca pública creando novos espazos de lectura nos barrios.

También te podría gustar...