Entrevista a Félix García Yáñez, cabeza de lista de Riada Cidadá: ‘Imos cambiar a forma de facer política no Barco’.

FelixGY_OSil2  

Pregunta: Si vostede accede á alcaldía, ¿é partidario da dedicación exclusiva ou de compatibilaza-lo cargo coa súa profesión? Respuesta: Si os veciños me deran a súa confianza tería dedicación exclusiva, máis non cobraría, xa que vivo da miña xubilación.

P: ¿É partidario dos pactos de goberno? R: O noso pacto e coa xente. Non entendemos os pactos como un reparto de cargos. Riada Cidadá ten un funcionamento asembleario, polo que se fósemos necesarios para conformar o goberno municipal sería un asunto a debater polo conxunto dos integrantes da Asemblea e decidiríase por maioría. Somos a única candidatura cidadá, nós si representamos a nova política. A nosa política de pactos nada ten que ver co que se entendía ata agora. O noso pacto é coa xente e dialogaremos coas outras forzas políticas en torno ao noso programa e a unhas condicións de transparencia, participación e defensa do público. Si coincidimos en todo iso, nos sentaremos a falar.

Riada CidadáP: ¿Como ve a presión fiscal do seu Concello? R: Os impostos directos e as as taxas que se pagan pola maioría dos servizos son excesivos. Avogamos pola readecuación da carga impositiva en función da renda e reducir os trámites para a instalación da pequena empresa.

P: ¿Que recursos cree que deberían poñerse en valor no seu municipio? R: Hai que promocionar, abaratar e facer competitivo o acceso ao chan industrial para que as empresas se instalen no Concello. Temos que facer que parte da gran riqueza acumulada durante décadas coa explotación da louxa se transfira a novos sectores produtivos para saír do monocultivo industrial. Non debemos esquecer que no noso concello hai un gran potencial agrario-forestal que se pode encamiñar a creación de empresas de enerxías renovables, ao mesmo tempo que se evitaría a lacra dos incendios do monte. O turismo debería ser un dos sectores a promocionar, xa que estamos instalados nun fermoso medio natural e dispoñemos dun amplo patrimonio monumental. O Concello debe apoiar as iniciativas de economía social como ferramenta de creación de emprego.

Mitin F1  

P: ¿Que tipo de fórmulas considera que poderían aplicarse para manter os servizos actuais do concello e ao mesmo tempo reducir os gastos? R: Remunicipalizando todos os servizos que se atopan en mans privadas. Dende Riada Cidadá pensamos que con unha boa xestión municipal dos recursos poderíase abaratar o prezo final dos recibos que pagamos os veciños e veciñas. Outra sería a supresión de todo tipo de gastos superfluos. E para concretar sobre cales se incidiría, Riada Cidadá impulsará, como paso previo, a realización dunha auditoría sobre as contas municipais. Dise que somos un motor económico pero no noso pobo cada vez hai máis paro, malnutrición infantil, xente maior que malvive, traballadores que non chegan a fin de mes, xente que sofre os recortes. Estanse socializando as perdas e concentrando os beneficios. As políticas do actual consistorio caracterizáronse pola privatización de servizos e o desinterese por escoitar á xente. Nos vamos cambiar iso.

P: ¿Considera que o seu Concello está respaldado suficientemente polas administracións? R: Riada Cidadá é a primeira vez que se presenta ás eleccións. Mais sabemos que as últimas leis aprobadas polo goberno central e autonómico deixa sen competencias aos concellos en materias tan importantes como son os servizos sociais, a educación, a vivenda e a dependencia. A nosa relación coas institucións será a de defender os intereses das veciñas e veciños e non a de recoller consignas da administración superior nen escudarnos na falta de competencias para cruzarnos de brazos. A nosa relación coas demais administracións non terá nada que ver co que se facía ata agora. Imos ir con actitude dialogante a conseguir apoio no noso proxecto de modernización do noso pobo. Acabouse o ir á “administración superior” a recibir instrucións ou o escudares na falta de competencias para non facer cousas.