Dúas persoas resultaron feridas en Quiroga tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban

2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a dúas persoas, nai e fillo, a un centro hospitalario de referencia tras resultar feridos despois da saírse da vía o vehículo no que viaxaban. O accidente tivo lugar na estrada que une Quiroga e Folgoso, no Alto do Boi, en Quiroga. Dende o CAE 112 Galicia, tras recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 05:00 horas de hoxe, se pasou aviso a Urxencias Médicas que chegados ao lugar do sinistro, os técnicos sanitarios, indicaron as dificultades para acceder aos feridos debido á inestabilidade do vehículo na vía. Por elo, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se solicitou a intervención dos bombeiros de Monforte, da Garda Civil de Tráfico e os efectivos do GES de Quiroga-Folgoso.

Segundo constataron os bombeiros, non tiveron que empregar material de excarceración, posto que as persoas non estaban atrapadas polos ferros do vehículo, pero si as axudaron a saír do coche. Dende o 112 Galicia, tamén se informou ao persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada que se encargou das tarefas de limpeza da vía. Por outra banda, en Verín, un total de catro persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios de urxencia. Se tratou dunha colisión frontal entre dous turismos que circulaban pola estrada de Laza, no punto quilométrico 1, na saída de Verín. Neste caso, o Centro de Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil de Verín. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso que aconteceu ao redor das 07:30 horas desta mañá.