Concello de O BarcoDous concellos de Valdeorras superan o millón de euros de débeda a finales do ano pasado según as cifras oficias que manexa o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a fecha de peche do 2013.

Lóxicamente van moi vencellados ó seu tamaño, con cal non é de extrañar que estamos a falar dos concellos de O Barco e de A Rúa.

Nembargantes non deixan de ser cifras non axustadas á realidade. O Ministerio apoiase en cifras pechadas do 2013, tendo en conta que ao longo do 2014, ambos concellosrealizaron esforzos e plans para a redución da débeda que tiñan, co cal distan bastante desa cifra de peche de 2013. O que acontece é que o Ministerio non valora aínda estas cifras ó ser provisionais.

No obstante desde este xornal, e tras falar cos alcaldes dos dous concellos citados, indicamos que a redución desa débeda foi considerable ao longo do presente 2014.

Cos datos do 2013

Segundo os datos publicados nestos días por este Ministerio, sen contar a capital da provincia, son quince os concellos que superan o millón de euros de débeda ao peche do exercicio pasado, entre os que están O Barco con 1,5 millóns e A Rúa con 2,9 millóns de euros de débeda.

Reiteramos que son datos a peche do 2013.

O resto de concellos que superan a cifra do millón son:  Allariz (5,8 millones), Avión (2,1), Os Blancos (2,6), A Bola (1,4), O Carballiño (3,9), Celanova (1,1), Xinzo de Limia (7,8), Maceda (1,2), Nogueira de Ramuín (2,4), Porqueira (1), Ribadavia (3,7), San Cristovo de Cea (1,1) e Verín (4,6).

Pódese ollar que en conxunto, a débeda en conxunto dos dous concellos da nosa comarca é menor que a de algún concello el só.