Domingo de fútbol na Rúa

Mañán domingo día 5 pódese definir coma domingo de fútbol na Rúa, xa que os amantes deste deporte poderán disfrutar de tres partidos nos que participará o C.D. A Rúa en tres diferentes categorías.

O primeiro dos partidos que nos atopamos vai ser o que enfrenten a o C.D. A Rúa e a Calasancio B en categoría infantís. Será ás 10:30h no campo de futbol de O Aguillón.

Seguidamente poderemos disfrutar do mismo encontro pero en categoría cadetes. Este será a partires das 12:15h. Tamén no mesmo terreo de xogo.

C.D. A Rua - Calasancio B

 

Xa polo serán teremos o encontro entre o C.D. A Rúa contra o Valenzá. Será a partires das 17:00h e tamén disputarase no campo de fútbol de O Aguillón.

También te podría gustar...