Domingo 22 de Febreiro Camiñada cultural entre Pumares e O Barco polo Camiño de Inverno.Vai ser a segunda das camiñadas culturais para o coñecemento do patrimonio. Percorrerá os trece quilómetros que separan Pumares do Barco seguindo o Camiño de Inverno. Os participantes deberán estar ás 9 horas na praza de Pumares.
O roteiro partirá de Pumares, no concello de Carballeda de Valdeorras, ás 9 horas, para seguir pola marxe dereita do río Sil cara a aldea abandonada de Nogueiras, parando a ver os restos da ponte romana de A Pontóriga; en Sobradelo a Pontenova, impresionante obra do S.XVI con sete arcos, o principal foi dinamitado pola guerrilla do Abade de Casoio na Guerra da Independencia e logo reconstruido no século XX. Xa no término do Barco parada nos petróglifos e restos mineiros no lugar da Raia, en Éntoma, na súa ponte de un arco sobre o Galir, a igrexa de San Xoán Bautista que loce sobre un lateral a Cruz de Malta (sinalando a súa pertenza aos hospitalarios da Encomenda de Quiroga). Tamén en Éntoma visita aos restos de pequenas minas antigas nos Forroxancos antes de continuar cara O Barco seguindo o trazado do Camiño de Inverno, que se basea no do Camiño Real que, a súa vez, é unha vía romana secundaria de interese fundamentalmente mineiro que unía As Médulas coa mansión de San Salvador da Proba (O Barco). Á entrada do Barco parada no Parque Arqueolóxico da Cruz, outro enclave mineiro de época romana que sintetiza os fundamentos do sistema de explotación chamado ruina montium.
Este roteiro é de baixa dificultade, son aproximadamente 13,5 quilómetros. O acceso ao punto de partida (Pumares) é por medios propios, logo organizarase a volta para recoller os vehículos. Non é preciso inscribirse. A marcha estará guiada unha vez maís polo arqueólogo e historiador Santiago Ferrer Sierra. Para máis información poden chamar ao 988320053.
por Redacción CTP · Published 16 septiembre, 2022
· Last modified 15 septiembre, 2022
Esta web usa cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia de navegación y ofrecerle contenidos. Si continua navegando entenderemos que aceptas nuestra Política de cookies.Aceptar
Privacidad y Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.