Ditames do pleno ordinario da Deputación de Ourense convocado para o vindeiro luns, 29 de decembro de 2014

Deputacin de Ourense

Ditames do pleno ordinario da Deputación de Ourense convocado para o vindeiro luns, 29 de decembro de 2014 que vaise a celebrar ás 11:00h.

De conformidade co que dispoñen os artigos 46.2.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, 78, 80 e 82 do ROF, do 28 de novembro de 1986 e normas concordantes –e para os efectos do artigo 58 do citado ROF-, convócase sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial.

DÍA:               luns, 29 de decembro de 2014.

HORA:          11:00 horas en primeira convocatoria*.

LUGAR:        Salón de sesións do Pazo Provincial.

*Se na primeira convocatoria non existise o quórum necesario segundo o disposto no número anterior, entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora, dous días despois.

 

ORDE DO DÍA

1.-        Acta da sesión anterior, correspondente á ordinaria do día 28 de novembro de 2014.

2.-        Toma de posesión de don Álvaro Vila Araújo.

3.-        Modificación do acordo do Pleno do 31 de outubro de 2014, sobre ratificación da modificación dos estatutos do Consorcio do Centro Asociado da UNED, para a súa adaptación á Lei de racionalización e sostitibilidade da administración local e á Lei de racionalización do sector público.

4.-        Adhesión do Concello de Nogueira de Ramuín ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación pola Deputación Provincial, en réxime de competencia delegada, do servizo de inspección dos tributos municipais.

5.-        Expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución da obra “ampliación rúa Costureiras, 1ª fase”, no Concello de Amoeiro.

6.-        Bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipais e provinciais durante o exercicio 2015.

7.-        Adhesión do Concello de Vilariño de Conso ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación, por parte da Deputación, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de RSU nos municipios da provincia.

8.-        Moción do Grupo Socialista para solicitar a subvención con cargo ao 1,5% cultural para a reforma e rehabilitación do edificio da Praza de Abastos, n.º 1 de Ourense.

9.-        Moción do Grupo Socialista sobre mellora da asistencia sanitaria en Pereiro de Aguiar.

10.-      Moción do BNG sobre a modificación das condicións de adhesión a SOGAMA.

11.-      Moción do BNG sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega.

12.-      Dación de conta da relación de decretos da Presidencia do mes de novembro  de 2014 e dos seguintes adicionais: 2º de setembro e 1º de outubro de 2014.

13.-      Dación de conta da relación de decretos da Vicepresidencia do mes de outubro de 2014 e dos seguintes adicionais: 2º de setembro e 1º de outubro de 2014.

14.-      Mocións de urxencia.

15.-      Rogos e preguntas.