Cable de luzAxentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron tres homes cando supostamente pretendían roubar parte da cableaxe de cobre da iluminación pública da autovía do Noroeste (A-6), no quilómetro 493, no termo municipal de Lugo.

Segundo informou a Comisaría Provincial nun comunicado, unha patrulla que realizaba labores de prevención da delincuencia nun coche camuflado nas inmediacións do poboado chabolista do Carqueixo viu tres homes que sacaron “cable de cor negra das arquetas eléctricas dun farol”.

Os axentes aproximáronse con sixilo” ao lugar e “apañaron por sorpresa estas tres persoas” que, previamente, “cortaran a rede metálica de protección da autovía” e intentaban “saír co cable para a vía de servizo”.

Os detidos ían provistos de alicates, cisallas, desaparafusadores e luvas, acumulan 34 detencións previas e foron postos a disposición da autoridade xudicial.

EFE.