Manuel Baltar recibe de Alejandro Rubín a placa conmemorativa de Termatalia 2014

A Deputación de Ourense e Expourense asinarán en próximas datas un acordo de colaboración para establecer liñas de cooperación entre ámbalas dúas institucións para o desenvolvemento de actividades no recinto feiral ourensán. Así o confirmou hoxe o presidente provincial, Manuel Baltar, na reunión que mantivo no Pazo Provincial co director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, a quen acompañaron Emma González, directora adxunta, e Cristina Álvarez, directora de Administración. Na xuntanza, Alejandro Rubín fixo entrega a Manuel Baltar da placa conmemorativa para a Deputación de Ourense da recentemente celebrada edición de Termatalia 2014, que tivo lugar en Arxentina.