Manuel Baltar e os representantes da CEO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal e aos directivos José Manuel Díaz Barreiros, vicepresidente, e Jaime Pereira Nóvoa, secretario, con quen analizou temas de desenvolvemento económico para a provincia de Ourense. Na reunión acordouse que Deputación e CEO asinarán este ano 2015 un convenio de colaboración segundo o cal a institución provincial achegará 65.000 euros para a realización de proxectos e actividades no territorio provincial, enmarcados no ámbito da dinamización económica, organización foros e encontros empresariais, divulgación de actuacións da Deputación e a implicación da CEO no Plan “Transforma Ourense”.

Segundo Baltar e Pérez Canal, o acordo de colaboración tamén abrangue a promoción do Plan de Emprendemento que promove a Deputación co apoio do Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial. “Trátase en definitiva de cooperar entre dúas institucións, unha pública e outra privada, con vocación provincial, que cren no futuro de Ourense”, afirma Manuel Baltar, un futuro que tamén pasa polo termalismo, tema que tamén trataron na reunión “por ser un eixo estratéxico de desenvolvemento da nosa provincia”, remarca o presidente.

Baltar considera que esta é unha “alianza estratéxica” entre Deputación e CEO a prol da provincia, e nesa busca de iniciativas que acheguen competitividade a Ourense Manuel Baltar tamén lles explicou aos directivos empresariais as liñas básicas do Plan de Competitividade, que presentou en Bruxelas no Comité das Rexións da Unión Europea, neste novo escenario de fondos europeos que formará parte da estratexia de desenvolvemento urbano sostible, mentres que por parte da CEO e do seu presidente agradeceuse a receptividade e positividade do presidente da Deputación para facer coaligados este camiño a prol da competitividade da nosa provinc