Definidas as liñas de negocio para a misión USA Ourense

  • Ultimadas as liñas de negocio das empresas ourensás para a misión USA Ourense
  • Manuel Baltar entrevistouse con responsables da Fundación Advanced Leadership para coñecer os traballos que se están levando a cabo no proceso de xestión da misión comercial e das entrevistas cos empresarios ourensáns interesados en participar na mesma
  • O Goberno de Estados Unidos certificou a misión USA-Ourense, que posibilitará o contacto entre compañías ourensás con empresarios, distribuidores, socios de emprendemento e demais axentes relacionados cos negocios e o comercio norteamericano
Jorge Brown, Manuel Baltar e Carlota Pico

Jorge Brown, Manuel Baltar e Carlota Pico

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrevistouse con Jorge Brown, director xeral de Advanced Leadership Foundation, e con Carlota Pico, directora de operacións da misión comercial USA-Ourense, para coñecer os traballos que se están levando a cabo no proceso de xestión da misión comercial e das entrevistas cos empresarios ourensáns interesados en participar na mesma. Na reunión púxose de manifesto que xa están ultimadas as liñas de negocio das empresas de Ourense interesadas en contactar e establecer relacións comerciais con firmas norteamericanas.

Neste sentido, o Goberno dos Estados Unidos certificou a misión USA-Ourense, que está xestionando a Fundación Advanced Leadership, presidida por Juan Verde, misión que posibilitará o contacto entre compañías ourensás con empresarios, distribuidores, socios de emprendemento e demais axentes relacionados cos negocios e o comercio norteamericano. Unha certificación que foi asinada polo conselleiro de Asuntos Comerciais da Embaixada de Estados Unidos en Madrid, Keith L. Silver, na que destaca que o Servizo Comercial dos Estados Unidos conta con especialistas en comercio en 100 cidades norteamericanas e en máis de 80 países, que traballan no eidos da exportación e ventas de ámbito internacional.

O labor que desenvolven ditos especialistas consiste en identificar oportunidades de negocio, na busca de socios locais empresariais e de investidores, lanzamento de compañías, promoción de servizos e produtos e elaboración de informes de investigación de mercados.

Manuel Baltar considera que a misión USA-Ourense «é unha oportunidade para establecer relacións empresariais entre a nosa provincia e o mercado norteamericano, que permitirán ás nosas empresas incrementar a súa visiblidade e posicionamento internacional, sinaladamente nos Estados Unidos, abrindo canles de colaboración comercial nos sector máis destacados da economía da provincia de Ourense».

Certificación misión USA

Certificación misión USA

También te podría gustar...