Declaración da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense quere expresar con motivo da conmemoración hoxe 8 de marzo de 2015, Día Internacional da Muller Traballadora, a reivindicación compartida por toda a sociedade de seguir impulsando iniciativas e proxectos que permitan afondar na igualdade, para que a presenza da muller continúe a ser unha prioridade en todos os ámbitos e un potencial fundamental para o desenvolvemento social, económico e político.
A súa obra están hoxe máis vixentes que nunca nun momento no que os valores sociais e éticos, o sacrificio e as dificultades económicas son prioridades presentes en todos os cidadáns.
As reivindicacións do 8 de marzo deben estenderse a todos os días do ano pois é necesario seguir afondando en políticas que melloren o nivel laboral das mulleres e que reduzan as elevadas taxas de paro que padecen, condicións que se acentúan coa crise e que repercuten negativamente na conciliación da súa vida familiar e profesional.
Por elo, en momentos así, é moi importante valorar o impulso que nos últimos anos ten dado a nosa sociedade en defensa dos dereitos das mulleres, que abren camiño cara á verdadeira igualdade grazas ao esforzo colectivo de todos. A capacidade de sacrificio, o emprendemento, a defensa da dignidade e da liberdade individual e a loita contra a violencia de xénero son algúns dos sinais de identidade das mulleres, que día a día constrúen o edificio da igualdade, un proxecto no que todos na nosa provincia de Ourense temos a obriga e o deber de involucrarnos, porque unha cidadanía comprometida coa igualdade é sinónimo dunha sociedade responsable, madura, cívica e solidaria.
Para que ese percorrido cara á igualdade poda resultar eficaz é necesario impulsar entre todos, administracións e cidadáns, medidas que contribúan a facer cada día unha sociedade mais xusta para que a igualdade de oportunidades sexa unha prioridade na convivencia cívica dos pobos.