Coronavirus: 69 positivos na residencia do Incio

  • Comunicado do Concello do Incio

O Concello do Incio tivo constancia hoxe a través do Sergas dos resultados das probas PCR practicadas ao persoal e usuarios da Residencia, xestionada pola Fundación San Rosendo, tras o positivo dun traballador.

As probas confirman:

–    65 usuarios positivos

–    4 traballadores positivos

O Goberno local mantén a súa total colaboración co centro para aquilo que poidan precisar. Ademais de reforzar os traballos de limpeza e desinfección non só na contorna da residencia senón en todo o termo municipal.

A maiores, o alcalde, Héctor Corujo, atópase en contacto permanente coa Xunta de Galicia para coñecer o protocolo a seguir e as accións a levar a cabo.

Tras coñecer os resultados o rexedor vén de pedirlle ao Goberno galego que practique probas PCR á toda a poboación para tratar de atallar este brote canto antes.

Recoméndase a todos os veciños e veciñas seguir todas as medidas sanitarias, manter as distancias, facer un uso correcto da máscara e ser prudentes e responsables.

También te podría gustar...