Convenio asinado entre o Sergas e a Fundación de Fátima que permitirá dar unha resposta rápida ás necesidades de ingreso socio-sanitarias en Valdeorras

SERGASConvenio asinado entre o Sergas e a Fundación de Fátima que permitirá dar unha resposta rápida ás necesidades de ingreso socio-sanitarias en Valdeorras.

Grazas á sinatura dun Convenio de Colaboración coa Fundación Benéfica “Nuestra Señora de Fátima”, os pacientes de Valdeorras contan cunha nova opción de resposta as súas necesidades socio-sanitarias, podendo acceder a unha praza gratuíta na residencia desta institución no Barco cando, tras ser dados de alta nalgún dos hospitais do Sergas na provincia, non podan retornar ao seu domicilio por limitacións de autonomía, ou falta apoio social, ou necesidade de adaptación da súa vivenda.

Mediante este convenio, promovido polo Servizo de Traballo Social da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, e asinado hoxe entre a súa responsable, Eloína Núñez e o presidenta da Fundación Benefica “Nuestra Señora de Fátima”, Virginia Daniela Arambillete, os pacientes que o precisen poderán acceder a unha praza nesta residencia, no tempo que medie entre a alta hospitalaria e seu acceso a unha praza nun centro residencial público ou súa volta ao fogar.

Os requisitos para acollerse ao convenio serán ser maior de 60 anos; ter limitación de autonomía e necesidade de axuda dunha terceira persoa para as actividades básicas; non ter familia ou rede social de apoio -ou que as características da mesma lle impidan darlle os coidados necesarios- imposibilidade de acollemento noutra unidade de convivencia; que seu ingreso en centro sexa a única alternativa posible ante a alta hospitalaria; ter limitados recursos económicos asumir o custe dunha praza nun centro privado; e ter iniciadas xa as xestións e tramites para ou seu acceso a unha praza en Centro Residencial Público.

As persoas que se acollan, a este programa de colaboración, poderán recibir atención socio sanitaria na residencia que esta fundación ten no Barco de Valdeorras, de xeito totalmente gratuíto, asumido pola Fundación, os primeiros dez días, ou da totalidade da súa estanza, no caso de persoas con carencia total de recursos, ou por un porcentaxe da súa pensión ou prestación pública no caso de recibila, ou por unha unha cantidade adicional que se valorará en función dos seus recursos.

Resposta socio sanitaria

Con este convenio xa son catro as fundacións de carácter benéfico-social que colaboran voluntariamente na provincia de Ourense, dando así alternativas, tanto as necesidades puntuais de axuda como polas limitacións funcionais tras un ingreso hospitalario, necesidades que o Servizo de Traballo Social do Sergas en Ourense detecta periodicamente, e ao que se tenta dar resposta mediante este tipo de convenios, que constitúen unha iniciativa pioneira en Galicia, froito do esforzo deste colectivo profesional da boa relación e resposta das institucións sociais, en prol do benestar común.

A Fundación “Nuestra Señora de Fátima” leva anos desenvolvendo seu labor no ámbito socio-sanitario, colaborando na asistencia e axuda o colectivo de terceira idade, para o que conta cunha rede de centros asistenciais en Barcelona e O Barco de Valdeorras.

También te podría gustar...