• Os interesados en participar deben fundamentar as propostas e remitilas ó Concello por escrito ou correo electrónico
Novo praza no Barco

Novo praza no Barco

 

O Concello de O Barco incluirá tres novos nomes no nomenclátor das rúas e prazas do casco urbano do Barco. Trátase da praza de nova creación situada entre a ábsida da igrexa de San Mauro e a rúa Álvaro Cunqueiro (neste momento en fase de construción), da rúa na que se encontra o actual edificio dos xulgados e da rúa que transcorre paralela á vía do tren entre as avenidas Florencio Delgado Gurriarán e Manuel Quiroga.

Co fin de recoller opinións de asociacións e de particulares que poidan estar interesados, a Concellería de Cultura e Educación abre un prazo de suxestións entre o próximos días 1 e 31 de outubro. Neste tempo poderanse achegar os nomes que se consideren acaídos para estes tres espazos urbanos.

As propostas deberán estar argumentadas e facer constar os datos identificativos da entidade ou da persoa que a subscribe.

Estarán dirixidas á concelleira de Cultura e Educación por escrito a través do rexistro municipal ou a través do correo electrónico: concelleria.cultura@concellodobarco.org