Concerto de Coanhadeira en A Veiga

Concerto do grupo folk Coanhadeira en A Veiga para este próximo sábado 19 de xullo.

Coanhadeira en A Veiga A cita será na Praza do Concello de A Veiga a partir das 23:00h.

As coanhadeiras eran aquelas mulleres (ou tamén a vasoira empregada) responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla.

Con esta idea xorde coanhadeirano ano 2006, unha banda de música folk que amosa aqueles «restos» musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.

 

También te podría gustar...