Comunicado do BNG-Asembleas Abertas de Viana do Bolo en relación coas negociacións para conformar un goberno de coalición estábel

BNGO resultado electoral das pasadas eleccións municipais trouxo como resultado un cambio histórico en Viana do Bolo. Falou o pobo e retiroulle a maioría absoluta ao alcalde Montesinos, dándolle a alternativa ao BNG-Asembleas Abertas.

Con este resultado é responsabilidade do BNG-Asembleas Abertas conformar un goberno que responda ao sentir maioritario dos veciños e veciñas de Viana do Bolo; un goberno estábel, eficaz e democrático para o noso concello. Un goberno que poña os intereses da veciñanza de Viana do Bolo por riba de todo.

Así, téñense levado a cabo negociacións para conformar un goberno de coalición entre o BNG-Asembleas Abertas (con 5 concelleiros) e o Psoe (con 1 concelleiro), e que estaría presidido por Secundino Fernández, como alcalde.

As negociacións deixaron consensuado un programa de goberno de 30 puntos, recollendo os compromisos e programas das respectivas formacións políticas.

  • O BNG-Asembleas Abertas ofreceulle ao Psoe:
  • 2ª Tenencia de Alcaldía
  • Integración na Xunta de Goberno Local
  • Concellerías delegadas ou delegacións. Negociaríase unha delegación para o PsdG-PSOE
  • Crear unha comisión de Persoal e unha Mesa de Contratación, con representación de todos os grupos municipais.

Finalmente, o BNG-Asembleas Abertas agarda que, a responsabilidade e respecto á vontade expresada nas urnas polos veciños e veciñas de Viana do Bolo, fagan posíbel a sinatura en breve dun acordo de gobernabilidade, estábel, eficaz e democrático, para os próximos catro anos.

Datos electorais do 24 de maio de 2015
BNG 810 votos. Suba de 243 votos. Sube 2 concelleiros. Total 5 concelleiros
PP 917 votos. Baixa de 499 votos. Baixa 2 concelleiros. Total 5 concelleiros
PSOE 233 votos. Baixa de 15 votos. Total 1 concelleiro

También te podría gustar...