IMG_0863

 

Riada Cidadá ha emitido un comunicado en el que consideran que Aurentino Alonso, concelleiro de Medio Ambiente de O Barco, debe explicar porqué descoñecía a tala de árbores en Praia de Ouro.

Comunicado:

O pasado xoves, 26 de febreiro, o Concello de O Barco anunciou mediante un comunicado o inicio dunha investigación para determinar as condicións nas que se desenvolveu unha importante tala de árbores en Praia do Ouro, na zona da ribeira do río Sil, próxima a A Proba, por parte dunha empresa madeireira. No mesmo comunicado, o concelleiro de Medio Ambiente, Aurentino Alonso, aseguraba que informaría sobre esta tala nunha comisión informativa que se convocaría “en breve”.

Segundo as declaracións de Aurentino Alonso a diversos medios de comunicación da comarca, “o concello barquense non recibiu ningunha solicitude de licenza de autorización municipal para a tala de masa arbórea, nin de organismos públicos nin de particulares”. Con todo, a empresa madeireira que realizou a tala asegurou ter o pertinente permiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Así mesmo, a tala sería supervisada por axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da Garda Civil.

En Riada Cidadá preguntámonos como é posible que un concelleiro de Medio Ambiente non estivese informado das actuacións da súa competencia que se levan a cabo no municipio e mostrase a súa “preocupación e sorpresa” cando se decatou da noticia grazas aos medios de comunicación.

Dende Riada Cidadá esiximos que este feito non quede no esquecemento e que se aclaren canto antes as circunstancias nas que se produciu esta tala de varias decenas de árbores e se depuren responsabilidades.

A investigación anunciada polo Concello de O Barco non debería demorarse moito máis, tendo en conta que xa pasaron cinco días dende a emisión do comunicado. No caso de que a empresa madeireira dane cos seus traballos esta senda peatonal pública que forma parte do tramo barquense do Camiño de Inverno, así como as árbores plantadas recientemente nesa zona, o concello debe esixir responsabilidades aos organismos competentes ou asumir a súa propia incompetencia.