Comezan hoxe as obras da ponte do paso elevado sobre a vía do tren en San Roque
O Concello de A Rúa indicou que hoxe xoves 9 de Xullo comezarán as obras de recimentación da ponte do paso elevado sobre a via do tren en San Roque.
O paso do tráfico rodado ficará cortado durante algúns días mentres se fan as obras, polo que solicitase á veciñanza que empreguen as vías alternativas para acceder á zona de viñas.