2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Dous turismos colidiron esta tarde na N-120, ao paso pola localidade de Monforte. Como consecuencia do impacto, os condutores dos dous vehículos implicados quedaron atrapados no interior, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros da localidade.

Tras seren liberados, foron evacuados polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

A maiores, foi trasladada outra persoa que viaxaba de acompañante nun dos coches sinistrados. Ás 18:30 horas de hoxe, un particular alertou ao persoal do CAE 112 Galicia, que, ademais dos Bombeiros de Monforte, informou a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Monforte.