Clausurada a XL Feira do Viño de Amandi, #Amandízate

  • O Concello de Sober clausurou hoxe a XL Feira do Viño de Amandi, acto no que participou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entre outros representantes públicos de diferentes administracións

 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recordou a importancia de seguir poñendo o foco nun sector «básico para o noso Concello», polo que houbo que reinventarse e non deixar pasar esta edición da feira. Insistiu na importancia de apostar polo viño da subzona de Amandi, ou calquera outra da DO Ribeira Sacra, durante estas festas e recordou que Sober seguirá adiante este mes coa campaña #Amandízate, coa que o Goberno local pretende

encher de Amandi os fogares e tamén as redes sociais.

 

Na XL Feira-Mostra do Viño de Amandi, que se desenvolveu no Hotel Pazo de Sober, participaron un total de 28 adegas e 55 referencias.

A asistencia ao evento foi mediante convite para dar cumprimento as normas sanitarias en vigor e previr contaxios da covid-19.

Os viños premiados na XL Feira-Mostra do Viño de Amandi foron:

  • Categoría de tintos xoves: Cruceiro, Viña Cichón e Viña Mezquita (os tres gañadores)
  • Categoría de brancos: Finca Cuarta
  • Premio ás añades doutros anos: Adega A Carqueixa, Garoubas 18

O panel da cata oficial estivo composto por:

  • David Ledo Varela, enólogo de Adega Valdés (Rías Baixas) e membro da Asociación Galega de Enólogos
  • Cristina Mantilla González, enóloga e profesora do ciclo superior (Escola de Hostalería F. Belarmino Fernández Iglesias)
  • Mayra Ratón Fernández, enóloga, membro da Asociación Galega de Enólogos e membro do panel de cata C.R.D.O. Ribeira Sacra 
  • Luis Díaz, xornalista especializado,
  • Natalia Cid Mayo, sumiller, Grupo Montesequeiro 
  • Manuel Corralero Geanini, sumiller do Hotel Plaza (A Coruña) e membro da Asociación de Sumilleres de Galicia (Gallaecia)

 

Os encargados de facer entrega dos premios, unha peza exclusiva de Gundivós, foron o alcalde de Sober, Luis Fernández (ao Concello convidado este ano, A Peroxa), a directora de Turismo, Nava Castro, o director da estación enolóxica de Galicia, Juan Casares, o director xeral de Agacal, José Luis Cabarcos, o deputado da área de participación cidadá, Roberto García e o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane.

 

Estas navidades brinda con vino de Amandi, estas navidades #Amandízate