Charla coloquio dirixida a escolares con motivo da celebración do Día Mundial sen Tabaco
A Delegación territorial da Xunta en Ourense, a través da Xefatura territorial da Consellería de Sanidade, organiza unha charla coloquio dirixida a escolares con motivo da celebración do Día Mundial sen Tabaco baixo o título “medidas de protección fronte ao consumo de tabaco. Estratexias que intentan a súa neutralización”.
A mesma vai ser no salón de actos da Delegación Territorial (avda. Habana,79- baixo).