• “Oposicións claramente insuficientes. Ourense demanda para o vindeiro curso mais do 50% das prazas ofertadas no proceso selectivo en especialidades como Música e educación física”

 

CCOO EnsinoO venres 8 de xullo celebrouse en Ourense a xuntanza sobre as vacantes de profesorado (CADP 2016, Concurso Adxudicación de Destinos Provisionais) para o vindeiro curso 16-17 na provincia de Ourense.

CCOO Ensino, celebra que a administración tomara nota das peticións realizadas por esta organización sindical e trazara unha liña vermella na afinidade nas especialidades de alumnado con necesidades específicas (Pedagoxía Terapéutica PT e Audición e Linguaxe AL). Lembramos que no curso 20152016, a administración adxudicara vacantes nas que mestres de música tiñan que impartir docencia en PT ou AL.

CCOO denuncia, que a administración segue sen correxir a elevada itinerancia das vacantes ofertadas, e en concreto, nas especialidades de profesorado de atención a alumnado con necesidades específicas (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) CCOO Ensino, denuncia unha oferta de emprego claramente insuficiente. Só na provincia de Ourense a administración vai xerar mais de 20 prazas de docentes en precario tanto na especialidade de música como na de educación física, cando a convocatoria de oposicións para toda galicia oferta 36 e 40 prazas respectivamente.

CCOO Ensino, reclama unha oferta pública de emprego seria, que permita cubrir a maioria dos postos de traballo con persoal funcionario en vez de traballadores docentes precarios (interinos e substitutos).