CCOO Ensino: caos organizativo trala restruturación dos ciclos formativos en Portovello

  • CCOO Ensino apoia o escrito publicado polo departamento de Servizos culturais e á comunidade onde denuncian a falta de previsión e organización na implantación e modificación das ensinanzas asociadas o departamento

CCOO EnsinoCCOO Ensino xa puxo de manifesto o seu malestar polos cambios impostos pola consellería no mes de xuño, coa oposición de todo o claustro de profesores do CIFP Portovello. O informe emitido polo departamento, que fai balance do caótico inicio de curso só constata o que xa advertimos.

CCOO Ensino considera moi grave os feitos relatados no informe polo departamento de Servizos culturais e á comunidade no que brevemente se denuncia:

• Ciclo Superior de Animación Sociocultural e turística: Non se dispón dos espazos e medios materiais mínimos marcados polo currículo do título.
• Ciclo Superior de educación infantil e Ciclo Medio atención a persoas en situación de dependencia vespertinos (persoas adultas): Modificación da oferta modular (curso 14-15) a oferta a vespertina (curso 15-16). Falta de previsión nas actuacións da consellería que provocan que a mediados de outubro o alumnado que acude a estas ensinanzas non estivese matriculado. Situación que impedia que o profesorado puidese xestionar a organización das ensinanzas e que se uniu o grave desorde que supón para este tipo de alumnado pasar de oferta ordinaria presencial a vespertina.
• Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia a distancia: Alumnado obrigado a matricularse nesta oferta non dispón de ordenador nin conexión a internet.

CCOO Ensino urxe a consellería a dotar de medios humanos e materiais o CIFP Portovello para poder afrontar o curso 15-16 de maneira que garanta unha xestión das ensinanzas cuns parámetros mínimos de calidade.

CCOO Ensino esixe que a consellería escoite a comunidade educativa a hora de facer modificacións nos títulos ofertados polos centros de formación.

CCOO Ensino solicita que a consellería se reuna co equipo directivo e o departamento de servizos culturais e á comunidade do CIFP Portovello co obxectivo de mellorar na medida do posible as ensinanzas ofertadas no curso 15-16 e planificar as modificacións necesarias para o vindeiro curso 16-17 co fin de arranxar o desaguisado imposto no curso actual.

Informe xuntanza de departamento

 

También te podría gustar...