«Cando eles triunfan tamén triunfa Ourense», Baltar

  • Manuel Baltar felicitou aos ximnastas dos clubs «As Burgas» e «Ximnasia Pavillón» polos éxitos acadados
  • O presidente da Deputación de Ourense destacou «o compromiso e sacrificio» destes deportistas e o seus adestradores afirmando: «Cando eles triunfan tamén triunfa Ourense»

0 0 MB e recepcin ximnastas jul16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial a ximnastas e técnicos dos clubs «As Burgas» e «Ximnasia Pavillón», a quen felicitou polos éxitos acadados nas competicións que teñen participado, tanto no que atinxe a modalidades individuais como por equipos.

O presidente do goberno provincial destacou «o compromiso e o sacrificio que supón para estes mozos e mozas dedicar moitas horas do día ao labor do deporte», e agradeceulles o seu traballo tanto a eles como aos técnicos e tamén as súas familias, que apoian en todo momento aos protagonistas destas fermosas páxinas de éxito que están a inscribir na historia da nosa provincia, porque o máis importante que temos é o deporte e o futuro, algo que vós representades perfectamente», afirmou Manuel Baltar.

A recepción tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación de Ourense, acto no que Manuel Baltar estivo acompañado polo asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, quen felicitou tamén a deportistas e técnicos «polos logros acadados ao longo destes anos» nas diferentes modalidades nas que teñen participado: minitramp, trampolín e dobreminitramp.

«Cando vós competides, compite Ourense –afirmou Baltar-, e para nós é un orgullo recibirvos na Casa de todos ourensáns», expresou o presidente, agardando que nun futuro «poidamos seguir celebrando os vosos éxitos, que serán os de todas as persoas que na nosa provincia admiramos os valores que representa o deporte».

También te podría gustar...