Benestar e o consello asesor en funcións da CRTVG convocan un concurso audiovisual para a creación dun boletín informativo para mozos de 18 a 30 anos

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Asesor de RTVE-Galicia e o da CRVTG en funcións veñen de convocar un concurso audiovisual para a creación dun boletín informativo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os obxectivos desta iniciativa son establecer ferramentas e ofrecer o apoio necesario para que os mozos e mozas sexan capaces de desenvolver os seus valores e habilidades, conseguir que poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade xuvenil e se mostra o talento da mocidade galega.

O prazo de admisión dos proxectos estará aberto ata o 30 de xuño de 2015. Poderán participar nesta iniciativa os mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambos inclusive, residentes en Galicia e sen vinculación profesional a empresas periodísticas ou a actividade profesional das industrias culturais.

A técnica será libre, baseándose o audiovisual nos contidos, totais ou parciais, da Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil, que está dispoñible no portal web http://xuventude.xunta.es/. Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.

Cada autor/a ou autores/as poderán participar cunha gravación orixinal, inédita e en galego (locución e textos), e que non excederá dos 10 minutos de duración. Admitiranse obras nun único formato dixital: MPEG-4 (ou mp4) codificado en H264 e AAC (para audio) de 854 píxeles de ancho x 480 píxeles de alto (ou 16.9).

As distintas pezas informativas audiovisuais que integren o programa estarán realizadas con un enfoque periodístico para poder ser emitidas, non só por televisión, senón tamén por internet, sendo susceptible de que os distintos medios en liña poidan tamén colgar o seu contido, íntegro ou por partes. En calquera caso, valorarase en igual grao a orixinalidade da proposta, o enfoque periodístico e a calidade estética de cada peza.

O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá como premio: ser membro do xurado da especialidade de videocreación do certame ‘Xuventude Crea 2015’, condición que terá carácter retribuído; e a participación para 2 persoas nunha estancia de fin de semana de ocio educativo nunha instalación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O autor ou autora do proxecto clasificado en segundo lugar recibirá como premio a participación para 2 persoas nunha estancia de fin de semana de ocio educativo nunha instalación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A entrega dos premios realizarase na primeira quincena do mes de xullo.

También te podría gustar...