• Unha delegación de Ecuador visita a nosa comunidade para coñecer o Banco de Terras de Galicia e aplicar o seu modelo

 

sitegalTrátase de investigadores da Universidade Técnica Particular de Loja e dun responsable do Catastro ecuatoriano, que se reuniron co director xeral de Agader e con técnicos de mobilidade de terras da Consellería do Medio Rural

Unha delegación ecuatoriana atópase de visita na nosa Comunidade para coñecer o Banco de Terras de Galicia, con vistas a incorporar no seu país este modelo de xestión de terreos, que consideran de referencia. O grupo está integrado por tres investigadores da Universidade Técnica Particular de Loja e por un responsable do Catastro do país suramericano.

Este equipo reuniuse co director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, e con técnicos de mobilidade de terras da Consellería do Medio Rural para coñecer o funcionamento e estrutura do devandito banco e do que será o futuro observatorio de mobilidade de terras de Galicia.

Os expertos ecuatorianos permanecen na nosa Comunidade (ata o 10), na que afondarán no coñecemento deste e doutros instrumentos deseñados para facilitar a mobilidade das terras agrarias, de cara a aplicar o aprendido no seu territorio e compartir estratexias para o futuro.