Baltar ve positiva a xestión económica de Deputación no 2014

Xabier Casares, Manuel Baltar e Bieito Ledo

No que atinxe á xestión económica, Manuel Baltar destacou a importante redución da débeda que experimentou a Deputación de Ourense en 2014 e o incremento de investimentos, así como o feito de que por primeira vez na historia se aprobasen os orzamentos do ano seguinte no mes de outubro. Ademais, subliñou como prioridade o desenvolvemento de 12 programas de cooperación cos concellos, e a recuperación da facenda provincial, que permitiu retornar ao accionariado de Meisa, a Expourense, ao Consorcio dos Peares, sen esquecer a posta en marcha do Plan estratéxico de Subvencións, que ten como obxectivo garantir no ámbito da cooperación cos concellos un nivel mínimo de investimentos en infraestruturas de titularidade municipal, en particular, nas relacionadas cos servizos mínimos obrigatorios, e prestar axuda financeira aos concellos en situación de insuficiencia orzamentaria.

Tamén destacou Manuel Baltar que en este 2014 a Deputación de Ourense foi a primeira en celebrar un debate sobre o estado da provincia e en organizar a primeira Conferencia de Presidente de Gobernos Provinciais, dúas iniciativas que serviron para poñer en valor a importancia da provincia, como tamén o foi a exposición organizada para conmemorar os 180 anos das provincias e a xornada de portas abertas que se celebra xa por segundo ano consecutivo no Pazo Provincial.

También te podría gustar...