Baltar agradece ao COB que manteña «a ilusión dos miles de afeccionados de xogar na elite do baloncesto europeo»

  • Manuel Baltar recibe ao Consello de Administración do COB

0 MB e COB dic15

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao presidente do Club Ourense Baloncesto, Antonio Gavilanes, e aos demais membros do Consello de Administración desta entidade deportiva, acompañados polo asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González. No encontro, Manuel Baltar amosoulles aos representantes do COB o apoio que a institución provincial presta e seguirá prestando ao club de baloncesto para seguir entre todos impulsado desde o deporte a «Marca Ourense», e sinaladamente «a través dunha entidade de tan importante relevancia no ámbito deportivo, mediático e promocional para a nosa provincia como é o Club Ourense Baloncesto, tendo en conta que na vindeira tempada participará na competición de baloncesto máis importante, a ACB». Baltar agradeceu o traballo que a directiva, o corpo técnico e os xogadores están a realizar «para manter a ilusión deportiva dos miles de afeccionados ao baloncesto da provincia de Ourense cara o soño de xogar na vindeira tempada na elite do baloncesto europeo».