Deputacin de Ourense

Mañán xoves, ás 10:30h, no Museo do Traxe (antiga estación de ferrocarril de Santa Cruz de Arrabaldo) terá lugar a presentación do balance anual de actividades 2014 do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” e da Escola de Danza da Deputación de Ourense. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da directora do centro, Mariló Fernández Senra.