Asamblea Riada Cidadá onte no Barco

Asamblea riada cidadá (6)

Onte polo serán tivo lugar a asamblea de Riada Cidadá ‘O Barco Esperta’ na que se quería seguir avanzando e moldeando a súa candidatura de fac ás próximas Eleccións Municipais do mes de maio.

Nesta reunión debatiuse, basicamente, os principios éticos que rexerán esta plataforma, un código de comportamento exemplar, baseado na total transparencia dos futuros candidatos, confeccionado durante as últimas semanas pola Comisión de Programa e Bases Éticas. 

Asamblea riada cidadá (4)

 

Os apartados deste código ético, que se debateron punto por punto na asemblea e foron aprobados por ampla maioría, son os seguintes:

-Estar empadronada/o e incluída/o no censo electoral no momento de convocarse ás eleccións.

-Presentar a declaración da renta/patrimonio ao ser elexido e colgala na web do Concello cada ano.

-Non ter acordo ou convenio a título lucrativo co Concello e publicitar se algún familiar de primeiro ou segundo grado está nesta situación.

-Só cobrarán salario os representantes que manteñan unha dedicación exclusiva nas tareas do Concello. Neste caso o salario a percibir non excederá os 1.900 euros brutos mensuais (a referencia será personal laboral con categoría B). Se por imperativo legal excedera esta cantidade será a asemblea de Riada Cidadá a que acorde o destino da diferencia.

– Todas/os compoñentes da lista terán que asinar unha declaración xurada ante notario sen data de renuncia que só será executada tras a perda de confianza da Asemblea de Riada Cidadá garantizando a defensa das partes.

-Os electos comprométense a permanecer no cargo un máximo de 8 anos (dúas lexislaturas)

-Non ter formado parte noutras candidaturas na última lexislatura (4 anos)

-Non estar imputada/o nen ter débedas coa Facenda Pública así como non colaborar na economía sumerxida. Non cobrar ou facturar en negro.

-Ser claras/os e transparentes en todas as actuacións municipais.

Asamblea riada cidadá (1)

Asamblea riada cidadá (3)

Asamblea riada cidadá (5)

También te podría gustar...