Concello de O BarcoAprobadas no pleno de onte no Barco as contas xerais do exercicio 2013, inda que non contou coa unanimidade que si se acadou noutros temas que tamén se debatiron e votaron neste pleno.

A aprobación das contas xerais do exercicio pasado contou cos votos en contra da oposición, tanto do PP como de BNG. Estas pecharon cun remanente de 1 millón de euros según as cifras presentadas.

Contra elas o PP fixo fincapé no feito do incremento da presión fiscal que o concello da localidade leva facendo nos cidadáns, ó que une o incremento da cifra da partida de ‘gastos de persoal’ e outras como pode ser a partida de ‘conservación’.

O portavoz popular, Moises Blanco, calificou esta última partida como ‘cacicadas varias’ e un exemplo do descontrol do consistorio de O Barco.