ALBERTADAS, así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro.

É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais. Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado. Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade conesaxeración, destripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola.

Un show explosivo, cargado de enerxía, adrenalina e humor que chega a Quirogasábado 20 ás 23:30 horas no Ruxe-Ruxe (entrada libre). ALBERTE MONTES (actor e humorista)

Alberte é actor, guionista, director, locutor… e di a súa nai que non fai nada. Orixinario de Anguieiros (Quiroga) e residindo en Barcelona.

Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona ao mesmo tempo que ampliaba os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown ou loita escénica.

A súa xuventude non ten sido atranco algún para que atesoure xa unha dilatada experiencia en teatro profesional, infantil e de rúa. Traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual representou varios espectáculos en varios teatros de Barcelona (Teatreneu, Teatre Llantiol…).

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional (“2OS”) e recentemente nas longametraxes REC (4) e “El olivo” de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como “Salvados”, “Buenas noches y Buenafuente” ou “En el Aire” e noutros da TVG (Televisión de Galicia).

Ten feito spots publicitarios como o da coñecida aplicación “Catarrator” para a marca Frenadol ou recentemente o de “Cero Comisións” para a entidade ABANCA.

Leva máis de 8 anos como monologuista por salas de toda España e ten xa dous monólogos gravados en Comedy Central.

Cartel monólogo

Cartel monólogo