Acto de presentación do “1º ciclo de memoria, historia e cultura popular”

IMG-20150309-WA0007

 

Foi presentado esta fin de semana o “primeiro ciclo memoria, historia e cultura popular” coa realización de un video-foro. A proxección do documental “Guerrillero contra Franco”, foi seguido dun concorrido debate, este xirou ao redor da necesidade de dar coñecer a loita que supuxo a defensa das liberdades contra o totalitarismo fascista, das aprendizaxes e das cuestións que poden ser útiles para a situación actual. Do mesmo xeito, falouse da necesidade de establecer mecanismos de comunicación entre as xeracións pasadas e as futuras, para que as máis novas, sexan conscientes da necesidade de defender dereitos e valores democráticos.

A proxección do documental que xira ao redor da figura de Francisco Martínez López “Quico”, onde fala das súas experiencias na dura loita da guerrilla, do que supuxo para el un mozo de apenas vinte anos, emprender unha fuxida ao monte, a unión á guerrilla, o valor de moita xente implicada nos enlaces e as vivencias do pobo de Ferradillo.

IMG-20150309-WA0006

 

Trátase de non só falar de memoria histórica, se non de dar a coñecer valores e aprendizaxes, argumentos para a defensa da democracia e a posta en valor da cidadanía e os valores que dela emanan.

IMG-20150309-WA0005

También te podría gustar...