complejo de manzaneda

 

A Deputación de Ourense e OCA Manzaneda promoven un programa de actividades de inverno na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda denominado “Esquiou 2015” que ten como obxectivo achegar a práctica do esquí a rapaces e rapazas da provincia de Ourense, de idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos.

O prazo de inscrición para o programa está aberto ata o vindeiro 15 de decembro, e desenvolverase nos meses de inverno nas instalación da estación de montaña. Inclúe dúas noites de aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. A duración do programa é de tres días, de luns a mércores, e los interesados deberán aboar una cota de 29 euros. Máis información na páxina web da Deputación de Ourense ou na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.