A Xunta licita a subministración de novos equipos de avaliación do aire para o laboratorio de medio ambiente de Galicia

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica o pasado mércores no DOG (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150722/AnuncioCA02-150715-0004_es.html) a licitación da subministración, instalación e posta en marcha de novos equipos de medición de compostos químicos do aire para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (LMAG) por máis de 320.000 euros (324.402€).

A finalidade desta inversión vai destinada a favorecer e incrementar as tarefas de análise e control das incidencias provocadas pola actividade humana sobre o medio ambiente, así como a garantir o cumprimento da normativa reguladora da calidade do aire.

En xeral, os diferentes equipos permitirán determinar a caracterización dos cheiros e investigar a procedencia das partículas contaminantes, xa que levarán a cabo unha avaliación dos compostos químicos orgánicos e inorgánicos no aire ambiente. Ademais, algúns dos instrumentos serán necesarios para que os equipos de medida de contaminantes da Rede de Calidade do Aire da Xunta de Galicia cumpran os requirimentos establecidos no Real Decreto 102/2011.

De forma concreta, os sistemas que se porán en marcha no LMAG contarán cun sistema portátil de cromatografía de gases-espectrometría de masas para examinar os compostos orgánicos, un etalómetro para análise automática de carbono negro, dous analizadores automáticos de medida de dióxido de xofre e un analizador automático de medida de dióxido e óxido de nitróxeno.

Cómpre salientar que esta actuación, a cal será cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun máximo do 80%, permitiralle ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia continuar reafirmándose como o centro de referencia estatal e reforzar así a súa colaboración con outros organismos.

También te podría gustar...